- Todo
- Novas
- vilacha de salvadur
Os viños de Vilachá de Salvadur en 1842
Meses atrás publicouse o libro «Observacións sobre o cultivo da vide na Galiza» (1843), en tradución ao galego de Xesús Verao. A obra está promovida pola asociación Colado do Vento (Sober), membro coma nós da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra, e editada polo selo da Libraría da Proencia. A esta libraría pódenselle pedir exemplaresContinue reading
Homenaxe aos nosos devanceiros
A nosa asociación decidiur celebrar unha homenaxe aos nosos devanceiros soterrados no camposanto. Porque a cada persoa alí enterrada lle debemos a terra que traballamos, a paisaxe que posuímos, as palabras coas que falamos. O acto contará coa participación da Coral de Guntín de Pallares, grazas ao programa Tradigalu da Deputación de Lugo. Ademais tomaránContinue reading
Levamos o Premio Turismo da Deputación de Lugo
Recollemos o premio na sede da Deputación de Lugo. Un recoñecemento pra darnos máis forza e seguir adiante. O xurado valorou o esforzo feito para poñer en valor, recuperar e divulgar o patrimonio da nosa parroquia. A principal iniciativa foi elaborar un roteiro circular que permite coñecer a riqueza da zona por medio do castro,Continue reading
Asemblea da Federación
Este vindeiro sábado 30 de xullo, na Casa da Cultura de Sober, desenvolverase unha nova asemblea da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra. Un encontro que continuará co proceso de estruturación interno e a posta a punto para o inicio de actividades logo da volta do verán. Entre outros temas crearanse as mesas de traballo,Continue reading
Lenda do cáliz de Vilachá e a moura do Castrelao
A lenda que imos relatar hoxe foi contada por Joaquín Álvarez. Dende sempre se falou que no castro do Castrelao vivía unha moura. Dicíase que habitaba por túneles e covas que había baixo o castro. O acceso era por un pozo que parecía non ter fondo. En certa ocasión, unha señora atopou unhas pezas deContinue reading
Camiño da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra
Tras as xuntanzas realizadas en Vilachá de Salvadur e Tuiriz o movemento veciñal, cultural e as comunidades de montes avanzamos. Agora tócanos dar un gran paso adiante pois na vindeira reunión, fixada o 11 de xuño no castelo de Castro Caldelas, queremos constituír a Federación. Esta entidade quere unir para termos voz común nos temasContinue reading
Encontro veciñal arredor da Ribeira Sacra
MOTIVOS Varias asociacións veciñais, culturais e de montes coincidimos nosúltimos meses en actos arredor da Ribeira Sacra. Destes encontros xurdiu a mesma inquedanza: como contribuír á candidatura áUNESCO dende o noso saber e coa nosa opinión. O encontro quere ser un espazo para poñer en común as nosasachegas sobre a Ribeira Sacra. Trátase de compartirContinue reading
Díptico informativo sobre O Castrelao
Na nosa sección dedicada ao castro do Castrelao, tamén coñecido como o Campamento dos Mouros, incorporamos un díptico con distinta información. Trátase dun resumo das memorias que Iván Álvarez Merayo realizou en 2018 e a memoria que Luís Cordeiro fixo para o pasado ano 2021. Unha pequena achega para coñecer todo un tesouro e unContinue reading
A importancia de Vilachá de Salvadur na historia
O pasado ano publicouse un libro que nos permite coñecer mellor a historia da comarca de Lemos a partir dos documentos do mosteiro de San Vicenzo do Pino. Neste Libro de registro de escrituras del monasterio de San Vicente del Pino en Monforte de Lemos, escrito polo padre Mancio no 1613 (con edición ao coidado deContinue reading
FALAMOS NO FORO TERRITORIO PATRIMONIO RIBEIRA SACRA
O vineiro sábado 11 de decembro, pola tarde, a Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur participará no foro impulsado pola Xunta de Galicia titulado «TerritorioPatrimonio». Neste encontro, que se realizará no Augas Santas de Pantón, reflexionarase sobre as estratexias e futuras liñas de actuación da candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio da UNESCO. NasContinue reading
Nova xornada de voluntariado e coñecemento do patrimonio
O traballo arredor do Castrelao continúan. A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur convoca a unha nova xornada de voluntariado para o 27 de novembro. Nese día trataremos de acabar a roza das partes máis importantes do castro e compartir un día de traballo cos veciños e veciñas das parroquias afectadas: Rozavales, Liñares eContinue reading
NA MEMORIA DOS NOSOS DEFUNTOS
O pasado 31 de outubro colocamos esta placa á entrada do cemiterio de Vilachá de Salvadur. Foi a nosa humilde forma de honrar a memoria dos nosos mortos. Pero tamén quixemos que fose un acto de agradecemento por nos daren a vida, a educación, o saber popular, o traballo da terra e da ribeira, asContinue reading
Solicitamos máis difusión e compromiso coas adegas de Vilachá de Salvadur, declaradas Ben de Interese Cultural
A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur solicita á Administración pública máis compromiso coas adegas medievais como elemento patrimonial único na Ribeira Sacra O pasado venres 3 de setembro o Diario Oficial de Galicia publicaba a entrada en vigor do Plan de Acción da Paisaxe da Ribeira Sacra. Este documento recolle itinerarios de intereseContinue reading
O Carballo da Chá. Candidato a árbore senlleira de Galicia
A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur presentou ante a Xunta de Galicia a candidatura do Carballo da Chá para ser incluído no catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Os argumentos que avalan esta proposta non son tanto a espectaculariedade nin a antigüidade da árbore. Realmente o particular deste Carballo da Chá é oContinue reading
Colaboramos co proxecto Galicia Nomeada, da RAG e Xunta de Galicia
A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur vén de recibir a validación dos 100 primeiros topónimos cos que iniciou a colaboración co proxecto “Galicia Nomeada”, impulsada e coordinada pola Real Academia Galega co apoio da Xunta de Galicia. Trátase dun proxecto aberto e participativo no que identificar a microtoponimia de toda Galicia. A asociaciónContinue reading
O concello organiza visitas a Vilachá de Salvadur
O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar unha serie de visitas guiadas a distintos puntos do municipio. Unha das parroquias escollidas, e por partida dobre, foi Vilachá de Salvadur. Aquí poderase visitar as adegas milenarias, declaradas BIC e integradas na candidatura (retirada por agora) da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, que inclúeContinue reading
Curso de verán da USC centrado na Ribeira Sacra. Nós tamén participamos
Entre os días 15 e 18 de xuño, no Concello de Monforte de Lemos, celebrarse o curso interxeracional «Auga Terra Lume Ar. A Ribeira Sacra», que organiza da Universidade de Santiago de Compostela. Estas xornadas contan co apoio de numerosas institucións como a Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e varios concellos, entre eles oContinue reading
Acto a prol do Camiño de Inverno por Vilachá e a candidatura da Ribeira Sacra na UNESCO
A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur organizou o pasado 15 de maio un acto para promocionar tres aspectos: o roteiro circular polo patrimonio da parroquia, a reivindicación da oficialidade do trazado histórico do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela por Torbeo-Vilachá-Rozavales e o apoio á candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio daContinue reading
A orixe dos socalcos de Vilachá (Ribeira Sacra) sitúase no século X
Alén do mito que sitúa a orixe da viticultura na Ribeira Sacra nos tempos da romanización, existen poucas evidencias científicas dos primeiros socalcos (tamén coñecidos como terrazas, ou pataos, na fala da zona) erixidos nas espectaculares pendentes que caen sobre o Miño e o Sil. Mais as investigacións realizadas nos últimos anos en enclaves como oContinue reading
A Deputación de Lugo apoia o Camiño de Inverno por Vilachá de Salvadur
No Pleno da Deputación de Lugo, celebrado onte (martes 30 de marzo), aprobouse unha moción (impulsada pola Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur) de apoio ao recoñecemento do Camiño de Inverno ao seu paso por Torbeo-Vilachá de Salvadur-Rozavales. O ente provincial reclamará ante a Xunta de Galicia o recoñecemento oficial do trazado orixinal doContinue reading
Sinatura do convenio da Deputación de Lugo coa Asociación de Vilachá de Salvadur
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes co presidente da Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur, José Castiñeira Defente, o convenio de colaboración polo que a institución provincial inviste 3.000€ para a sinalización e acondicionamento do roteiro turístico de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón, incluído na candidaturaContinue reading
O Pleno do Concello de Monforte apoia o Camiño de Inverno por Vilachá
O Concello de Monforte tamén reclama á Xunta que faga oficial un traxecto alternativo do Camiño de Inverno que o faga pasar pola Cubela, Vilachá de Salvadur e a parroquia de Rozavales. A decisión foi aprobada polo pleno da corporación monfortina que se reuniu esta semana. Con Monforte, son xa tres os concellos que pidenContinue reading
Adegas Salvadur triunfa na Cata dos Viños de Galicia
Acivro, de Adegas Salvadur , resultou o gran triunfador na entrega dos premios da última edición da Cata dos Viños de Galicia, que organiza a Xunta de Galicia. O noso veciño de Trasmonte, e socio Antonio Anglada, recibiu os premios Acio de Ouro ao mellor tinto elaborado por pequenos colleiteiros e o mellor tinto conContinue reading
Roteiro Castro do Castrelado – Adegas milenarias – Mirador da Capela
As adegas medievais, declaradas BIC e integradas na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, son o elemento máis coñecido de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón). Neste conxunto etnográfico, único en Galicia, celebramos o primeiro fin de semana de maio a Feira do Viño. Velaquí a paisaxe con todo o seu esplendorContinue reading
Ribas de Sil e A Pobra do Brollón co Camiño de Inverno
Durante o pleno municipal do xoves 22 de outubro, someteuse a debate e votación a moción sobre o Camiño de Inverno a Santiago de Compostela. Esta moción foi presentada conxuntamente pola Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur e a Asociación de Veciños de Torbeo. O texto reclama o apoio oficial do Pleno municipal paraContinue reading
Nova directiva
A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur realizou a súa asemblea anual. De entre os distintos temas que se trataron estivo a escolla da directiva. Presidente: José Castiñeira Defente Vicepresidente: Xurxo Martínez González Secretaria: María del Carmen Vázquez López Tesoureira: Rosa María Álvarez Defente Vogais: Juan Vázquez López e Antonio Díaz Anglada
16 de setembro, inicio oficial da vendima na D. O. Ribeira Sacra
O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra fixa como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe o 16 setembro, prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata mediados do mes de outubro. Os resultados dos controis de maduración nas viñas que viña desenvolvendo o equipo técnico da Denominación desde finais de agosto, permitiron determinar oContinue reading
A Pobra renuncia a celebrar este ano a Feira do Viño de Vilachá
Este ano non haberá Feira do Viño de Vilachá. O concurso de viños de A Pobra do Brollón tivo que celebrarse esta fin de semana, pero o Concello tomou a decisión de suspendelo debido á declaración do estado de alerta sanitaria pola pandemia coronavirus. «É evidente que estas circunstancias e é imposible pensar incluso enContinue reading
Viticultura de alto risco en Vilachá
Na Ribeira Sacra, as tormentas chuviosas deixan a miúdo marcas nas zonas de viñedo. É común que un muro de pedra se colapse como consecuencia da escorrentía e da forte pendente do terreo. Pero na ladeira de Eivedo, en Vilachá de Salvadur, non só será necesario reconstruír terrazas por mor do tren de tormenta máisContinue reading
Piden a recuperación dunha sección esquecida do Roteiro de inverno
A asociación veciñal Vilachá de Salvadur -en A Pobra do Brollón- presentou ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural un informe técnico sobre o Camiño de Inverno co fin de solicitar o recoñecemento dunha variante desta ruta histórica que discorrería por esta parroquia e de Torbeo, no concello de Ribas de Sil. Xurxo Martínez, membroContinue reading
O xacemento arqueolóxico de Vilachá de Salvadur
As escavacións arqueolóxicas realizadas na parroquia de Vilachá de Salvadur -en A Pobra do Brollón- dentro do proxecto Adegas da Memoria atoparon posibles indicios materiais da existencia dun antigo mosteiro no lugar de Os Conventos, á beira do Sil. Nos últimos días, os investigadores atoparon varios fragmentos cerámicos que, pola súa tipoloxía, parecen ser dosContinue reading