Acivro, de Adegas Salvadur , resultou o gran triunfador na entrega dos premios da última edición da Cata dos Viños de Galicia, que organiza a Xunta de Galicia.

O noso veciño de Trasmonte, e socio Antonio Anglada, recibiu os premios Acio de Ouro ao mellor tinto elaborado por pequenos colleiteiros e o mellor tinto con crianza en madeira, na versión barrica.

Na edición deste ano participaron un total de 348 marcas, 125 tintos e 223 brancos, presentados por 143 adegas. Da Ribeira Sacra foron unhas 70 marcas.

Este recoñecemento súmase a outros que recibiron en edicións anteriores as adegas San Mamede e Val do Frade que confirman a Vilachá de Salvadur como un dos espazos da Ribeira Sacra con mellores viños.