O vineiro sábado 11 de decembro, pola tarde, a Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur participará no foro impulsado pola Xunta de Galicia titulado «TerritorioPatrimonio».
Neste encontro, que se realizará no Augas Santas de Pantón, reflexionarase sobre as estratexias e futuras liñas de actuación da candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio da UNESCO. Nas xornadas participarán distintos especialistas e responsables da Administración que traballan sobre o tema.
Dende a nosa asociación tan só podemos achegar o esforzo que facemos para a posta en valor do patrimonio (in)material de Vilachá de Salvadur, tendo por bandeira as adegas (elemento de alto valor etnolóxico e de especial valor para a candidatura). Mais tamén teremos oportunidade para reclamar máis atención aos proxectos relacionados coa riqueza inmaterial do noso pobo (lingua, lendas, contos, toponimia…) e máis axuda para a dinamización das comunidades ribeirás. O patrimonio é unha ocasión para asentar poboación con proxectos renovadores, que combinen o traballo no mundo rural co impulso da cultura.
Máis información das xornadas: https://foroterritoriospatrimonio.com/que-es/