O traballo arredor do Castrelao continúan. A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur convoca a unha nova xornada de voluntariado para o 27 de novembro. Nese día trataremos de acabar a roza das partes máis importantes do castro e compartir un día de traballo cos veciños e veciñas das parroquias afectadas: Rozavales, Liñares e Vilachá de Salvadur.
A continuación, o 7 de decembro, haberá unha xornada completa para coñecer o patrimonio arqueolóxico e cultural de Vilachá. Haberá unha explicación do proxecto do Castrelao, unha visita ao propio castro e un paseo polo roteiro que a nosa asociación promoveu o pasado ano. Durante este traxecto coñeceremos algúns elementos patrimoniais de Vilachá, dende os arqueolóxicos até a toponimia popular.