banner-vilacha

Adega artesanal: Casa Morales

Propietario: Casa Morales

Ribeira: Val do Frade

Nome das viñas: A Lamela

Superficie aproximada: 4000 m2

Variedades de uva: Mencía, garnacha, xerez e godello.

Produción aproximada: 3500-4000 kg

Contacto: 639621988-605792172/adegamorales@gmail.com

Máis información: O viño de Casa Morales garante a mestura do sabor tradicional e as propiedades inherentes ás cepas da Ribeira Sacra. Unha experiencia por si mesma e unha opción de contraste cos viños máis elaborados de empresas profesionais. Para realizar catas, visitas ou outras actividades, non dubides en contactarnos.

Adega profesional: Adegas Salvadur

Propietario: Adegas Salvadur (administrador, Antonio Anglada)

Ribeira: O Eivedo

Nome das viñas: Peago, O Perdigón, A Salamanca

Superficie aproximada: 1 hectárea

Variedades de uva: 80% mencía, 20% garnacha tintorera, sousón, caíño tinto e brancellao

Produción aproximada: 8.000 botellas de 75 cl.

Contacto: 699 850 034 – 658 792 152 / info@vinosacivro.com

Web/Redes sociais: www.vinosacivro.com

Instagram (https://www.instagram.com/vinoacivro/), Facebook (https://www.facebook.com/vinosacivro), Pinterest (https://www.pinterest.es/vinoacivro/)

Premios:

  • MEDALLA DE ORO na categoría VIÑOS TINTOS TRANQUILOS PRODUCIDOS NA VENDIMA 2018 outorgado por MONDIAL DES VINS EXTREMES
  • ACIO DE OURO na categoría VIÑOS DE COLLEITEIRO E PEQUENAS ADEGAS TINTO outorgado por CATA DOS VIÑOS DE GALICIA a ACIVRO XOVEN
  • ACIO DE OURO na categoría VIÑOS DE ELABORACIÓNS CON MADEIRA TINTO outorgado por CATA DOS VIÑOS DE GALICIA a ACIVRO BARRICA

Máis informaciónNas ladeiras do río Sil, a 320 metros de altitude, as nosas uvas recóllense manualmente, en caixas de 20 kg cada unha. Despois dunha maceración de 10 días, os nosos viños sofren procesos de fermentación, autoclarificación, estabilización e filtración. O viño Acivro embotéllase despois de acadar a máxima calidade, ata un 15% de vol., e unha densidade de 994 no caso do Barrica. Neste proceso obtense un Mencía Xoven, elegante e expresivo, con aromas a froita madura e fondo balsámico, e un Mencía Barrica de gran calor e estrutura en boca, cun retrogusto vivo e fresco. Aínda que a adega foi fundada profesionalmente no ano 2017, a familia leva colleitando viño dende varias xeracións atrás, e a historia das mismas remóntase, polo menos, á Desamortización de Mendizábal, en 1836, onde eran os labregos os que as traballaban.

Adega artesanal: Casa Mencia

Propietario: Casa Mencia

Ribeira: Val do Frade e O Eivedo

Nome das viñas: O Bacelo, O Abeledo, A Lamela

Superficie aproximada: 8100 m2

Variedades de uva: Mencía, garnacha, dona branca, branco lexítimo, godello, collón de galo e mandó

Produción aproximada: 6000 kg

Contacto: 639 209908 (Jose)

Máis información: Estas viñas son traballadas pola cuarta xeración da mesma familia. Un viño destinado ao consumo familiar e á venda da uva. As cepas ofrecen variedades de uva autóctona con sabores particulares. Ademais, Casa Mencia está en proceso de plantado para ampliar a produción.

Adega artesanal: Casa Ramiro

Propietario: Casa Ramiro