Somos homes e mulleres vencellados á parroquia de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón) por razóns de nacemento, residencia, lazos familiares ou amizades.
Somos unha asociación sen ánimo de lucro que pula por iniciativas socioculturais e turísticas co propósito de dinamizar a vida dunha parroquia. Cremos nun rural vivo e queremos que Vilachá viva.
Somos veciños e veciñas da Ribeira Sacra porque as tres ribeiras de Vilachá (Lagares, Val do Frade e Eivedo) son alimentadas polos canóns do Sil que ofrecen un clima ideal para a uva.
Aquí asentáronse uns monxes, na zona dos Conventos, que ergueron as adegas milenarias de Vilachá, un dos bens incluídos na candidatura da Ribeira Sacra para Patrimonio da Humanidade.