A nosa asociación decidiur celebrar unha homenaxe aos nosos devanceiros soterrados no camposanto. Porque a cada persoa alí enterrada lle debemos a terra que traballamos, a paisaxe que posuímos, as palabras coas que falamos.
O acto contará coa participación da Coral de Guntín de Pallares, grazas ao programa Tradigalu da Deputación de Lugo. Ademais tomarán a palabra veciños e ceibaremos unhas pombas como símbolo de vida e presenza. Ademais, ao final repartiranse unhas flores para colocar en cada unha das tumbas.
Esta é a primeira edición porque o noso propósito é repetir cada ano unha sentida homenaxe a quen, en definitiva, nos deron a vida, a terra e o ceo.