MOTIVOS

Varias asociacións veciñais, culturais e de montes coincidimos nosúltimos meses en actos arredor da Ribeira Sacra. Destes encontros xurdiu a mesma inquedanza: como contribuír á candidatura áUNESCO dende o noso saber e coa nosa opinión.

O encontro quere ser un espazo para poñer en común as nosasachegas sobre a Ribeira Sacra. Trátase de compartir as inquedanzas, ver en que coincidimos e tomar a palabra. 

Queremos que a nosa voz sexa tida en conta pola Administracióncompetente na materia. O noso propósito é colaborar, promoveriniciativas e fomentar o recoñecemento dun territorio habitadopor xente que coida da terra, da paisaxe e do patrimonio(in)material. 

METODOLOXÍA

Para un bo funcionamento do encontro propomos que aquelasasociacións que queiran expoñan durante 5-10 min. as súas ideas,preguntas ou suxestións. Poden ser dende iniciativas sobre opatrimonio da Ribeira Sacra até solicitar charlas informativassobre o impacto da declaración de Reserva da Biosfera, RedeNatura e da UNESCO nos montes e nas ribeiras. 

Contra ás 13:30 proporase un documento que recolla o falado esexa identificativo de todas as asociacións. Este documento farasepúblico se así o decidimos.

En todo caso, esta proposta está aberta a modificacións denantesde comezar o encontro. 

CONTACTO

Para calquera cuestión podedes escribirnos avilachasalvadur@gmail.com