feira-banner

Nas adegas de Vilachá de Salvadur tense celebrado diversas actividades no marco único e inconfundible da Abelaira. En ocasións, son visitas escolares quen chegan aquí para descubrir a vida do viño. Noutras, son encontros de asociacións ou colectivos que deciden pasar unha xornada entre nós.

As adegas non están abertas ao público porque son de propiedade privada. Pero a veciñanza de Vilachá sempre está disposta a recibir xente para amosarlle o noso mellor segredo (o viño de Vilachá) e compartir este patrimonio histórico arrentes da Ribeira Sacra.

Quen teña interese (grupos de persoas ou colectivos máis amplos) en facer unha cata dos viños, visitar as adegas, coñecer o mundo vitícola ou organizar algún tipo de actividade pode contactarnos a través desta web ou directamente por medio do enderezo-e (vilachasalvadur@gmail.com).