O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar unha serie de visitas guiadas a distintos puntos do municipio. Unha das parroquias escollidas, e por partida dobre, foi Vilachá de Salvadur.

Aquí poderase visitar as adegas milenarias, declaradas BIC e integradas na candidatura (retirada por agora) da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, que inclúe unha cata de viño; e unha visita ao xacemento dos Conventos, situado no Val do Frade, nos canóns do Sil que gardan unha magnífica paisaxe ribeirá.

Esta é unha estupenda oportunidade para coñecer de preto varios espazos de importante valor patrimonial. Para máis información podedes consultar nesta ligazón que vos leva á web do concello. Pincha aquí

Outra alternativa é realizar o roteiro circular que vos leva polo miradoiro da Capela, o castro do Castrelao, a mámoa da Portela, o miradoiro de Trasmonte e as propias adegas que organizou a nosa Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur. Se queres información sobre este roteiro podedes consultar pinchando aquí  ou consultando na web de wikiloc (onde teredes máis datos e fotografías), pinchando aquí.