Na nosa sección dedicada ao castro do Castrelao, tamén coñecido como o Campamento dos Mouros, incorporamos un díptico con distinta información. Trátase dun resumo das memorias que Iván Álvarez Merayo realizou en 2018 e a memoria que Luís Cordeiro fixo para o pasado ano 2021. Unha pequena achega para coñecer todo un tesouro e un dos elementos patrimoniais de maior interese das tres parroquias que comparten este espazo. Para descargar o díptico tamén podedes pinchar na seguinte imaxe