Recollemos o premio na sede da Deputación de Lugo. Un recoñecemento pra darnos máis forza e seguir adiante.
O xurado valorou o esforzo feito para poñer en valor, recuperar e divulgar o patrimonio da nosa parroquia. A principal iniciativa foi elaborar un roteiro circular que permite coñecer a riqueza da zona por medio do castro, mámoa, adegas medievais, paisaxe ou miradoiro sobre o Sil. Dende que o creamos foron moitas as persoas que acudiron, incluso en excursión progamadas con guías oficiais.
O premio recolleuno Juan Vázquez, casa Morales, en representación da asociación e como membro da directiva. Nas súas palabras de agradecemento tivo dous pensamentos: un pra quen antes ca nós coidaron da terra, o patrimonio e a nosa educación; outro pra quen queremos manter viva a parroquia de cara ao futuro porque se desaparecese o rural vivo tamén desaparecía un Anaco de Galicia.
Nós seguiremos coas nosas actividades e apostando por un traballo en común, colaborativo e solidario.
Noraboa ao resto de colectivos premiados!